Queres saber máis? - Fora de prazo xa non se pode solicitar os bonos

O Concello de Vilalba lanza a campaña de Bonos Consumo para dar apoio ao tecido empresarial afectado pola pandemia da COVID-19 e concienciar á poboación da necesidade de colaborar coas empresas locais.

Ti tamén es das persoas que apoia o noso comercio? PARTICIPA DA CAMPAÑA!

Estes son os requisitos:

• Estar inscrito/a no Padrón de Habitantes do Concello de Vilalba. (A comprobación farase para cada solicitude así que unha vez dea de alta a súa conta deberá esperar esta comprobación, dada a alta demanda pode tardar varios días)

• Ter cumprida a maioría de idade legal en España no momento de realizar a solicitude. No caso de menores que conformen a unidade familiar ou persoas con discapacidade, será a nai, pai, titor/a ou representante legal quen realice a solicitude no seu nome. 

• Non poderán adquirir a condición de beneficiario os membros da corporación municipal.

Solicitudes Para facerse cun bono, existen dúas posibilidades:

a. Segundo o medio de solicitude

1. Dixital, cubrindo este formulario.  

FORA DE PRAZO

2. Presencial, acudindo ao Concello de Vilalba, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O procedemento será o seguinte:

1º Solicitar o bono, tanto pola vía online como pola presencial.

2º O Concello será o encargado de validar os datos achegados polo cidadáne unha vez validados poderá descargar o seu bono (seguindo o tutorial de descarga) ou recollelo no concello si o solicitou presencial.

3º No caso de cumprir cos requisitos correctamente, recibirá un correo electrónico activando a súa conta e poderá descargar o seu bono (seguindo o tutorial de descarga). Recorde que os bonos deben conter os datos exactos (Nome apelidos e dni ) da persoa, no caso dunha conta con varias persoas cada bono debe ser diferente.

4º Dirixirse aos establecementos adheridos á campaña, que estarán dispoñibles nesta mesma web, para facer uso do bono.

IMPORTANTE!

A cada beneficiario expediráselle un bono, equivalentes a 30 € cada un, que poderá trocar nas empresas adheridas por unha soa vez.

En ningún caso poderán trocarse os bonos pola compra de tabaco, bebidas alcohólicas e xogos de apostas.

imagen2.png

Prazo

As persoas beneficiarias poderán solicitar os bonos dende o 2 de novembro e ata o 30 de novembro de 2020, mediante os medios anteriormente indicados. 

O prazo para trocar os bonos nas empresas adheridas abarcará desde o prazo de inicio de solicitude e estenderase ata o 8 de decembro.