Un bono de 30 euros para cada persoa empadroada en Vilalba, 400.000 euros para o comercio local vilalbés.

Coa finalidade de estimular o consumo no municipio nace a campaña de Bonos Consumo Vilalba, baixo o lema #ReActivaVilalba.

O Concello inxectará no comercio local 400.000 euros a través de bonos de 30 euros a cada vilalbés/a.

Con cada bono poderase realizar unha única compra, tendo que consumirse nunha soa tenda, e tendo a posibilidade de facer compras superiores a 30 euros sempre que se pague a diferencia, pero non inferiores a esta cantidade.No caso de ser inferiores, perderase a diferencia.

A campaña terá dúas fases principais, unha onde se rexistrarán as empresas colaboradoras, que recibirán instrucións para a posterior validación dos bonos e outra onde se rexistrarán os veciños e veciñas censados en Vilalba, condición indispensable para que o seu usuario sexa validado e poda proceder a descargar o bono. Unha vez descargado, poderase dirixir a un dos establecementos adheridos.

O Concello de Vilalba promove esta campaña co fin de incentivar e estimular a compra e o consumo nas empresas do municipio, podendo participar calquera empresa coa consideración de autónomo, microempresa (peme), que teña o seu centro de traballo en Vilalba.

Queres saber máis?


EMPRESAS

VECIÑANZA


BASES REGULADORAS DA CAMPAÑA DE FOMENTO DO CONSUMO LOCAL MEDIANTE A EMISIÓN DE BONOS PARA CONSUMO DO CONCELLO DE VILALBA