Información xeral Estas condicións xerais de uso e obtención de bonos regulan o uso do sitio web bonosconsumovilalba.com (en diante "bonosconsumovilalba.com") da que o Concello de Vilaba, con CIF P2706500B e domicilio na Plaza de la Constitucion 1, 27800 Vilalba – Lugo, é titular e propietario único.

A través do sitio bonosconsumovilalba.com, o Concello de Vilalba proporciona información acerca das campañas de bonos consumo e a posiblidade de descargar os bonos. Rexistro de usuarios Para a correcta tramitación das compras a través de bonosconsumovilalba.com, hai que rexistrarse como "usuario", completando o formulario de rexistro e seguindo os pasos que o Concello establece para tal fin. A condición de persoa usuaria supón a aceptación das condicións xerais de uso e obtención de bonos aquí publicadas.

O contido recollido no espazo bonosconsumovilalba.com diríxese exclusivamente a un público maior de idade, independentemente de que se proporcione información e se comercialicen bonos orientados a un público menor de idade. Polo tanto, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade no acceso de menores de idade aos contidos incluídos en bonosconsumovilalba.com.

Será responsabilidade do seu pai ou da súa nai ou titores ou titoras exercer un control axeitado sobre a actividade dos seus fillos e fillas ou menores ao seu cargo. Compra de bonos O sitio web bonosconsumovilalba.com informa ás persoas usuarias do número de bonos existentes sendo un único bono por persoa.

O Concello resérvase o dereito de establecer o tempo no que os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga no sitio web bonosconsumovilalba.com. Unha vez formalizada a compra, mediante a aceptación das condicións xerais de uso e a confirmación do proceso de pagamento, o Concello enviaralle un correo electrónico ao cidadán que conterá o seu bono, o cidadán rematará nese momento as súa relación coa web bonosconsumovilalba.com podendo proceder de inmediato a inabilitar a súa conta. Seguridade O Concello contará coas medidas de seguridade comercialmente dispoñibles, e razoablemente esixibles, no sector, garantizando: Que a clientela ou a persoa usuaria está comunicándolle os seus datos ao servidor do Concello e non a calquera outro que intentase facerse pasar por esta. Que entre a clientela ou persoa usuaria e o servidor do Concello os datos se transmiten cifrados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por terceiras persoas.

O Concello velará, na medida do razoablemente posible, polo correcto funcionamento de bonosconsumovilalba.com, a corrección do seu contido e a veracidade do publicado nel. Non obstante, o Concello non se responsabiliza do posible mal uso que clientes, clientas ou persoas usuarias poidan facer do contido publicado.

Co fin de manter o anteriormente exposto, o Concello velará pola seguridade informática dos soportes técnicos postos a disposición da clientela e das persoas usuarias na súa navegación polo espazo web de bonosconsumovilalba.com. Non obstante, o Concello non pode garantir a ausencia de erros técnicos, virus ou outros elementos lesivos, introducidos por terceiras persoas, que puidesen causar danos ou alteracións no sistema informático. Polo tanto, o Concello non responderá polos danos e perdas que tales elementos lle puidesen ocasionar á clientela ou ao persoal usuario. De igual modo, e a causa da natureza do anteriormente exposto, o Concello resérvase o dereito a proceder á interrupción temporal dos servizos ofertados en bonosconsumovilalba.com co obxecto de proceder a solucionar as incidencias anteriormente descritas ou por calquera outro motivo que considere oportuno. Así mesmo, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que puidesen producirse a clientela ou a persoas a causa deste feito. Comunicación de incidencias Calquera incidencia vinculada co uso e funcionamento do web de venda de bonos deberá notificarse mediante correo electrónico a info@vilalba.org, indicando no asunto "Notificación servizo bonosconsumovilalba.com"; unha vez recibido o aviso, o xestor da plataforma de obtención de bonos porase en contacto coa persoa usuaria a través do medio que indique esta. Na comunicación da incidencia debe achegar datos como nome e apelidos, correo electrónico de contacto e teléfono, ademais de relatar a incidencia.

Lexislación aplicable e modificación das condicións xerais Estas condicións xerais foron elaboradas de conformidade co establecido na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, na Lei 7/1998 sobre condicións xerais de contratación, no Real decreto 1906/1999 polo que se regula a contratación telefónica ou electrónica con condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, na Lei 26/1984 xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, e na Lei 7/1996 de ordenación do comercio de venda polo miúdo, e cantas disposicións legais resulten de aplicación. O Concello resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e configuración do bonosconsumovilalba.com, así como estas condicións xerais de uso e obtención de bonos. Por iso, o Concello recoméndalles á clientela e á persoa usuaria a súa consulta cada vez que acceda ao sitio web bonosconsumovilalba.com A clientela e as persoas usuarias sempre disporán destas condicións xerais de uso e obtención de bonos nun sitio visible, libremente accesible para cantas consultas queiran realizar. En calquera caso, a súa aceptación será un paso previo e indispensable na adquisición de calquera localidade dispoñible a través de bonosconsumovilalba.com Se calquera cláusula incluída nestas condicións xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou á parte desta que resulte nula ou ineficaz, e subsistirán as condicións xerais en todo o demais, e terase tal disposición, ou a parte desta que resultase afectada, por non posta.