Aviso Legal

O CONCELLO DE VILALBA é o Responsable do tratamento dos datos persoais do usuario e infórmao que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de

abril (GDPR), e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), polo que se facilita a seguinte información do tratamento:

 

Fins e lexitimación do tratamento: Os seus datos serán tratados para procesar a solicitude dentro da campaña de fomento do “consumo local mediante a emisión de bonos para o consumo do Concello de Vilalba” cuxas bases reguladoras foron aprobadas por Decreto da Alcaldía n.º419 de data 22/10/2020 e correxidas por Decreto da Alcaldía nº247 de data 23/10/2020 (por consentimento do interesado, art. 6.1.a GDPR). A lexitimidade para o uso dos seus datos baséase nunha prestación de servizos. (por interese lexítimo do responsable, art. 6.1.e GDPR)

 

Criterios de conservación dos datos: non se conservarán durante máis tempo do necesario para manter o fin do tratamento ou mentres existan prescricións legais que ditaminen a súa custodia, e cando xa non sexa necesario para iso, suprimiranse con medidas de seguridade axeitadas para garantir a anonimización dos datos ou a destrución total destes.

 

Dereitos que asisten ao usuario: dereito a retirar o consentimento en calquera momento. Dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento. Dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Datos de contacto para exercer os seus dereitos: info@vilalva.org..